A ficción e a poesía son dose, medicinas. O que curan é a ruptura que a realidade provoca na imaxinación.
Feríronme e unha parte moi importante de min fora destruída, esa era a miña realidade, os feitos da miña vida; pero alén dos feitos estaba quen eu podía ser, como me podía sentir, e mentres tivese palabras, imaxes, historias, non estaba perdida.

Jeanette Winterson, Por que ser feliz cando podes ser normal

martes, 13 de mayo de 2014

(Xavier Rodriguez Baixeras)


E FUN deixando atrás
a sombra do solpor,
e fun mozo, neón,
un reflexo da noite, filigrana
de desaparición

                            E quixen ser
contrario a algo, contratempo innúmero,
contrafigura, contraplano,
pastor noitébrego e galante,
errante, sen abrigo.

Quedando moito tempo
para verme alagado nunha luz,
contra esta luz, xacendo a contrafío.
                                  
                  



No hay comentarios:

Publicar un comentario